Tag Archives: disco

Sorteo «Festa serbia»

Xa se achega o 7 de marzo, día da festa de presentación do Ritmo Serbio na Sala Capitol. E que é unha festa sen regalos?

Pois, atención!!!

1.- Sorteamos un pack composto por: unha camiseta da Terbutalina + unha camiseta da Familia Caamagno + un vinilo Galician Bizarre Vol.2 (que contén o tema “Hostias” da Terbutalina, de edición limitada) +  un EP da Familia Caamagno.

2.- Poden participar as persoas que merquen a entrada anticipada na Reixa Tenda antes do 6 de marzo ao mediodía.

3.- Para participar só hai que mandar un correo co nome completo e mais os catro díxitos que aparecen na entrada a festaserbia@gmail.com ou a través dunha mensaxe ao Facebook da Terbutalina. Só pode participar unha persoa por entrada e cada persoa só pode participar unha vez.

4.- O sorteo realizarase o día 6 de marzo pola tarde entre as persoas que participasen, tras o que anunciaremos a persoa gañadora e nos poremos en contacto con ela.

Máis fácil, imposible!

Acudan! Participen!

Bailen, hostia!

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Sen clasificar | Coas etiquetas , , , , , , , , , , , , , | Comentarios desactivados

Crítica do «Broncodilatador» na Mondo Sonoro

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Sen clasificar | Coas etiquetas , , , , , , | 2.319 Comentarios

Esta é a capa do «Broncodilatador»

Este foi o jrandioso deseño da xente de Arinspunk para o noso disco «Broncodilatador», que verá a lus o próximo día 8 de setembro.

O primeiro medicamento musical da historia de Jalisia.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Sen clasificar | Coas etiquetas , , , , , , , , , | 3.581 Comentarios

E esta noite… a Terbutalina visita o Planeta Furancho!

Esta noite, a partir das 23.00, a Terbutalina andará polo Planeta Furancho da Radio Galega Música presentando o seu EP e temas do que será o seu próximo disco.

É disir, hoxe poderanse escoitar temas que non se escoitarán até setembro. Ademais de que poderedes escoitar as nosas mel-odiosas voses.

Nesta lijasón podedes escoitar a Radio Jaleja ao vivo.

O que avisa, allos come.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Sen clasificar | Coas etiquetas , , , , , , , , , , , , , , , , , | 4.374 Comentarios

A Terbutalina aterra n’A Regueifa Netlabel

Xa podedes descargar o noso directo «Live in Catoira» a través da portal A Regueifa. Seguide esta ligazón e fóra!

Non podemos parar de bailar!

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Sen clasificar | Coas etiquetas , , , , , , , , , , , , | Leave a comment

Descarja de balde o «Live in Catoira», primeiro traballo da Terbutalina

Rapasas e rapases da terra toda (vodka), xa podedes descarjar o primeiro traballiño auditivo da Terbutalina. «Live in Catoira» recolle 8 temas do directo que ofreseron (beer) en Catoira en febreiro de 2011.

Todo o que tes que faser é clicar AQUÍ e despois poderás escoitar o ábum completo e descarjalo, ou escoitar os temas que queiras e descarjalos por separado. Se descarjas o ábum completo tamén te baixarás a capa, a contracapa e máis unha espesie de libreto coas letras e tres caralladas máis (ron).

Más fásil non o tedes!

Dádelle até o óso!

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Sen clasificar | Coas etiquetas , , , , , , , , , , , , | Leave a comment