Monthly Archives: Xuño 2010

Bailas moi ben, che!

Rapasada! A Terbutalina xa ten os seus primeiros consertos confirmados para este verán. De momento comesaremos a nosa andaina o 30 de xullo na Praia de Ventín (xoghamos na casa) na Abelleira (Muros) xunto coa xente da Banda de Balbina. E despois andarémoslle por Lariño (Carnota), no III Asaghieiras Master Festival, o 14 de aghosto.

Por serto, todo de balde, así que o que aforrades na entrada, xa o jodedes en bebida e en invitar ás rapasas de fóra que veñen no verán a cacharros de sienpipers. E hostia, non sexades parvos e jodades un plan coa rapasa comendo un criollo á tardiña, que despois estades todo o santo día botándolle vaporasos de vísseras con pimentón!

Aghardamos vervos por alá. Alá es grande!

Xira funeraria pola Costa da Morte.

Ah! E estades a tempo de nos contratar para o que quirades. Tan pronto tocamos catro punkeiradas como que vós fasemos unha puta masaxe nos pés. Que temos a secundaria sacada, ou que pensades!

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Sen clasificar | Coas etiquetas , , , , , , | Leave a comment

Terbutalina na allada

Nas próximas semanas (botádelle que para mediados de mes), a Terbutalina entrará no estudo de jravasión. O pequeno EP que temos en mente contará cuns 4 ou 5 temas e estará a vosa disposión así como estea á nosa disposisión (tampouco queirades ir por diante).

A xente que se fará cargo dos nosos berreos e sachadas auditivas serán os compañeiros da Casa de Música, quen nos fasilitaron todo para levar adiante o noso proxecto. Con eles traballaremos baixo lisensas Creative Commons, para non vos dificultar o acseso ao noso traballo e para que non pajedes a quen non debedes.

De todos os xeitos, de que teñamos o material saído do forno, xa intentaremos faselo chejar a diferentes plataformas para que teñades as maiores fasilidades para vos faserdes con el. E, caso de que vos querades poñer en contacto con nós para que volo achejemos, só o tendes que disir. Seremos o que quéirades, pero temos bo fondo.

Estamos? Pois iso.

Saúde e Terbutalina!

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Sen clasificar | Coas etiquetas , , , , | Leave a comment

Terbutalina pon a camiñar o seu bloguiño

Terbutalina pon a andar o seu bloguiño, mais aínda ten que saber como vai o do Wordpress. Así que nestas datas andaremos fedellando no estilo e na apariencia deste.

Non vos impasientedes, que a pasiensia matou o peixe. Deixádevos ghiar!

Saúdos!

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Sen clasificar | Leave a comment