Entrevístannos en Leda Magazine

2012-01-25

Aquí vos pegamos a entrevista que nos fixo a peña de Leda Magazine. Tamén a podedes ler, xunto con moitas máis cousas, na súa páxina.

 

Primeiro de todo, explicádenos quen son TERBUTALINA

Terbutalina está formado por catro papahostias: Migui, Mon, Brais e Samo. Aínda que é de xustiza admitir que levamos oito meses celebrando cástings por todo o país para incluír unha teclista birolla, con escaso resultado até agora.

Cal foi o detonante do voso nome (tedes problemas de asma)?

Coñecémonos nas reunións de “Asmáticos Anónimos Con Ganas de Perrear” que se celebraban no soto da Igrexa de Muros. Alí comezamos a deseñar o plan de empresa dun grupo musical para financiar os nosos ventolíns e as empanadas de bonito (atún) que tomabamos nas reunións.

Cales son os ingredientes do GASTROPUNK?

Fritanga, velocidade, produtos típicos, distorsión, mencía, ribeiro, albariño, cervexa, empanada… A clave é que só imos tocar a sitios onde nos dan de comer.

De onde veñen as vosas letras?

Aplicamos unha función localmente integrable desenvolta pola University of Tehran ao conxunto de palabras léxicas dos programas do Partido Popular e UPyD. Despois collemos os resultados obtidos e poñémolos a macerar en aceite con ortigas durante tres días e tres noites. Logo collemos batémolo todo e imos engadindo fariña (da de comer, non da de Vilagarcía) aos poucos e un chisco de sal e pemento picante. Cando temos unha masa uniforme, entregámoslla en sinal de respecto ás deusas do Gastropunk. No caso de que admitan a nosa ofrenda, dinnos un tras un os versos das cancións. No caso de que non a admitan, mandámoslle un privado polo Facebook a Cañita Brava que colle e mándanos os descartes dos seus temas.

 Canto tempo levades tocando?

Todos vimos doutros grupos nos que tocabamos antes: THE, Razzia, Metralla, Skaiola Borrokal, The Inventors, Marta del Castillo e os que a Buscan co Rastrillo, FranciscaModoKika, B de Biolador, Patarruxo Brutal… Como Terbutalina levamos un ano e pico e coa formación actual algo menos.

Cales son as vosas perspectivas de futuro?

Tocar, tocar e tocar. Comer, comer e comer.

Cales son as vosas influencias?

John Happy Driver (50%), Slayer (25%), Peter Rufai (10%), A Nai del Cuco e os que se poñen farrucos (10%) e Ti e cantos máis (5%).

Cales son as bandas que máis vos molan do panorama actual?

Pois hai moitos grupos que pagan a pena, a verdade. Por citar uns poucos a bote pronto: Familia Caamagno, John Happy Driver, os Telephone, Ataque Escampe, Ciclos Iturgaiz, Zoofilia-a-a!, Deseqilibrio Mental, O Leo…

Realmente queredes explotarlle un jrano a RAJOY?

As nosas letras non hai que tomalas literalmente. Cando dicimos o do jrano na canción “R.A.J.O.Y.”, o que realmente queremos dicir e que desexamos lamberlle a barba para así significar o gran estadista que é e será.

Que vos parece o noso Proxecto?  Bastante caralludo, a verdade. Mola que produzades un produto de tanta calidade e que saquedes á luz proxectos e creadores que se atopan fóra do sistema.

Como son as visas CRISIS?  

Acaban en vómitos, hostias para todos e comida malgastada. Despois vén o mellor, que é cando nos reconciliamos e acabamos suando todos nunha cama.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Vacasións? Hostias!

2012-01-22

Despois de deslombarnos o fíjado no conserto de Melide, toca faser unha parada por un tempo.

Durante este mes de febreiro non daremos consertos, xente. Toca volver aos ensaios e acoller no seo da Terbutalina un novo membro viril. A partir de ajora, seremos sinco, como os jrandes jrupos da historia. Así que hai que enjrasar ben o asunto.

Iso si, para marso volvemos. Non vos librades de nós. De feito, xa temos en mente unhas datas na Coruña e Compostela, das que iremos informando.

E se queredes que vaiamos tocar á vosa horta, ao voso bar, ao festi que orjanisades… podedes contactar connosco nos sejintes enderesos: aterbutalina@hotmail.com ou joaquincrujeiras@gmail.com

Tamén no taléfano: 648 703 648

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Churrasco e empanada na Sala 600?

2012-01-11

Chuzame! A Facebook A Twitter

Terbutalina + Ataque Escampe no Badulake

2012-01-04

Terbutalina + Ataque Escampe

Badulake (Ordes)

13/01/2012.

23:00 h

4 euros

Volvemos ao Badulake con janas de jarana!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Terbutalina + Metralletas Lecheras na Sala 600

2012-01-02

Terbutalina + Metralletas Lecheras

20-1-2012.

22.00 h

Sala 600 (Melide)$

5 €

Chuzame! A Facebook A Twitter

Terbutalina Vs. Conde Droga – «Madeleine»

2011-12-30

Como se menea, como se menea…

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Cambio concerto 30-12-2012. Tocaremos en Esteiro

2011-12-30

O concerto desta noite en Muros cancélase.

Fasendo malabarismos de axenda e produsión tocaremos en Esteiro (Muros), ás 23.00. Entrada de balde. E canda os John Happy Driver. No Bar Torres.

Lalalala…

Chuzame! A Facebook A Twitter

Perdoen os ajradesementos, hostia!

2011-12-27

Remata o ano e toca ajradeser os perdóns e perdoar polos ajradesementos a todo cristo.

O 2011 foi un ano bastante carallütenh para a Terbutalina: sacamos dous discos, tocamos máis ca nunca e déronnos de comer en case todos os sitios onde fomos tocar. Así que ajora toca ser aljo xustos e ajradeser a toda a peña que nos aturou, nos axudou e nos acompañou durante o ano.

Vai lo!

Jrasias a Joki, sen o cal non teriamos tocado na metade de sitios nin seado cada ves que imos por Jalisia adiante; a Manelson, polo son e por ser o noso jía espiritual; ao dúo Contrasurco, Sobchak e Ak-77, por nos permitir viaxar a L.A. a jravar o disco e pajarnos a roupa do Decathlon; a Aitor; a Lu, por nos emprestar o coche cada ves que iamos por aí adiante; aos cracks de Arinspunk, polo deseño dos discos e as capas coas que colaboraron; a Roque, Agus, Bola, Simón, Hassan… todos e todas os que nos botan unha man cando imos por aí adiante e que non collerían aquí…

A toda a peña dos sitios onde fomos tocar! Á xente do Concello de Catoira, á peña da Iguana (aínda que desaloxasen o camerino cando metemos nel a todo o público), á xente do Tabäsco (que non tiveron culpa de que nos cortase o conserto a jarda sivil), á peña do Badulake, á peña dos Volantes de Baño, á peña que montou o Día do Orjullo Gay en Ribeira (e que padeseu a nosa actuasión), á peña que montou a festa en Campo das Cortes, á peña da Sala Moon, aos do Meigas Fóra de Poulo (a mellor tortilla que comemos este ano!), á peña do Asaghieiras Master Festival, á peña do Urban Place en Xinzo de Limia (onde probamos as ancas de rá e o pasamos caralludamente), a José María e toda a peña do Boulevard (dá justo ver que hai xente que se toma tan en serio o seu traballo), á peña da AX A Esmorga de Noalla, á peña do Colectivo Leda de Vilajarsía, á peña da Gentalha do Pichel (festón!), a Toño do Trasgo (a próxima ves recollemos os instrumentos no día), á peña do Praia Bar do Ézaro (pola cea e tamén a Ovidio polo equipo de son e nos axudar en todo), á xente de Coreander e dos Comités de Filoloxía da UDC (inda que tivesemos que suspender o conserto), á peña da EAV (por aturaranos cada ves que fomos alí), á peña do Culturgal (que nos permitiron faser retumbar os cuartos de baño), á peña do Imperfecto, á xente do Leiradal

Por suposto, a todos os jrupos cos que puidemos compartir servesa e essenario e que sempre estiveron aí para botar unha man, compartir material ou ajuantar as nosas borracheiras: Familia Caamagno, John Happy Driver, Deseqilibrio Mental, Zoofilia-a-a!, Bulldozers, Jodido Lunes, Desterrados, Monkey Face, Alterkado, Kolisión Frontal, Los Pablos, Comando Robalisa, Fe de Ratas (ajardamos que aljún día nos perdoen por enserralos no seu camerino), The Ramblin Rose, Ataque Escampe, Monstruo (que inda nos deben un baile…)… E todos os que por alí andiveron!

E acordámonos tamén da peña das webs e medios que nos aturaron. A Vituco por ter un saco de pasiensia, á peña de Música en Galego, a Nin Puta Idea (o projrama onde mellor soa todo), á xente de Radiofusión, aos Ghamusinos de Radio Redondela, a Rockisome, á peña de Leda Magazine,á de Pista Oculta, á de Commons Baby, á de Galicia É e á peña que se fixo eco das nosas castronadas e estrompamentos en estiramento vertical. Tamén á xente de Komunikando, O Toxo Rabudo, A Regueifa,  XVideos, RedTube…

E despois a toda a peña que se achejou a vernos alí onde fomos, que nos aturou despois dos consertos, á que limpou o noso ghómito onde fose que ghomitásemos, á que se descarjou os discos e llo rulou a outra peña, á que difundiu os nosos bolos e os nosos cristos, á peña que fixo quilómetros por virnos ver, á peña que despois anda cantando os nosos temas por aí adiante, aos que subiron vídeos, fotojarsías…

Ajradesementos e perdón!

E ídevos preparando para o ano que vén, HOSTIA!

Chuzame! A Facebook A Twitter
Categories : Sen clasificar

Terbutalina + John Happy Driver en Muros

2011-12-22

Terbutalina + John Happy Driver

30-12-2011

23.30 h.

Pub Meigallo (Muros)

Entrada de balde

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Terbutalina no Trasgo

2011-12-22

Jrasias a toda a peña que se achejou até alí. Lamentamos que ficase moita peña fóra porque dentro estaba petado. Ha de haber máis ocasións de nos ver os caretos todos. Jrasias tamén a Toño do Trasgo!

Aí vos deixamos vídeo do que alí se fixo.

 

 

Chuzame! A Facebook A Twitter